As xornadas “Karl Marx. 1818/2018” pretenden conmemorar o
bicentenario do nacemento deste pensador de xigantesca influencia histórica.
Non é esaxerado afirmar que algunhas das súas ideas forman parte de nós e que
sexamos nalgún aspecto marxianos sen sabelo, como somos galileanos noutro campo
e que tamén, dalgún modo, algo dos nosos marcos vitais remita a el.
Coa distancia privilexiada do tempo, co legado da interminable
reelaboración e crítica da súa obra a cargo de tantas figuras de relevo, de
Kautsky e Lenin a Gramsci e Lukács, de Korsch a Habermas ou Harvey; despois de
tantos acontecementos históricos que se reclamaban do seu nome, da Revolución
Rusa á Revolución china ou cubana, a tantos movementos emancipatorios en todo o
mundo; despois de que se declarase o imperio dun sistema único como fin da
historia dominado polo neoliberalismo, e en medio dunha das crises económicas
máis grandes habidas que fixo aflorar de maneira nova o interese polo xenio de
Tréveris, parece máis indicado, se cabe, con motivo do seu aniversario, a
abordar o seu pensamento inquirindo nel o que pode iluminar a nosa realidade.
MARTES, 13 DE NOVEMBRO
Sesión da mañá
09:30 h. Inauguración
09:45 h.
O Marx dos escritos políticos
Ramón Máiz, Universidade de Santiago de Compostela
10:45 h.
Gáñase o goberno, non o poder. A selectividade estratéxica do
Estado e a crise do neoliberalismo
Juan Carlos Monedero, Universidade Complutense de Madrid
11:45 h. Pausa
12:15 h.
Proletariado e subxectividade
Francisco Sampedro, filósofo, ensaísta, autor de Ideoloxía e
distorsión
Sesión da tarde
17:00 h.
O mundo das cousas e o mundo dos vínculos. Fetiche,
neoliberalismo e comunidade
Clara Ramas, Universidade Católica de Valencia San Vicente
Mártir
18:00 h.
Marx eurocéntrico? Análises dos seus escritos sobre América
Latina
Francisco Martínez, Universidade Nacional de Educación a
Distancia
19:00 h. Debate
MÉRCORES, 14 DE NOVEMBRO
Sesión da mañá
10:00 h.
Reprodución do capital e sostemento do vivir: o conflito
capital/vida
Montserrat Galcerán, Concello de Madrid
11:00 h. Pausa
11:30 h.
A actualidade de Marx
Carlos Fernández Liria, Universidade Complutense de Madrid
12:30 h. Debate
Sesión da tarde
17:00 h.
Marx e o desfalco dos corpos
José Luis Moreno Pestaña, Universidade de Granada
18:00 h.
Marx entre ciencia e ética
Félix Ovejero, Universitat de Barcelona
19:00 h. Debate
Comentarios